Hoxe estamos enxoitos de programas televisivos encamiñados a descubrir novos talentos, sexa no mundo da música ou non. Se cadra, o máis mediático sexa Operación Triunfo e con el recuperouse o chamado efecto fan.
Todo/as puidemos ver imaxes de adolescentes afogadas nas súas bagoas cando Bisbal rotaba sobre si mesmo e remataba cunha patada ao ar, cando Bustamante bicaba á rapazada ávida de autógrafos... (nótase que non son moi seguidor destes reallitys porque apenas coñezo algún nome máis parido do enxendro televisivo).
Hai pouco estiven con Javi Maneiro, ex-heredeiro da crus, nunha cervexaría de Culleredo onde tocaba co seu novo grupo Jabón Blue. Namentres decorría a nosa charla, varias veces achegábase algunha rapaza xeitosa a saudalo. Non existía ese efecto fan que de seguro fartou no seu periplo co seu antigo e exitoso grupo, mais ese arrecendo de admiración aínda enchían aqueles saúdos tabernarios mollados de cervexa.
Seguíu a nosa parolada particular e, nun deses achegamentos, apareceu unha rapaza cun paquetiño envolto en papel de aluminio. Aquela rapaza si que era unha fan, pero á galega... Lonxe de estourar nun salaio de emoción deulle dous bicos, entregoulle o misterioso agasallo e desexoulle sorte para o inminente concerto antes de voltar ao seu sitio. Escocíame a curiosidade de que agochaba aquel paquete prateado, ata que se descubriu o ofrecemento: un tupper cheo de morangos con nata!!!
Quen ben che quere non che vai deixar pasar fame, quen ben che quere deséxate co bandullo cheo e relambido... quen teña dúbidas que pense nas nais. Nada de bagoas, nada de adolescencia desbordante. Tan só un "boa sorte" e morangos con nata. Toda unha fan... á galega.
sexta-feira, 18 de abril de 2008
O efecto fan... á galega
Marcadores:
concerto,
Culleredo,
fan,
Galiza,
Heredeiros,
Heredeiros da crus,
Jabon blue,
Maneiro,
morangos,
música,
nata,
rock
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Um comentário:
Cousas deste pais chamado Galiza.Namentres a algumhas lhes da por tirar bragas ao cenário, as fans galegas regalam amorodos. Frente a pornografia barata dos fans de alem as nossas fronteiras, o fino erotismo das galegas.
A continuar com o blog, umha aperta
Julen
http://ngulenaiquoc.blogspot.com/
Postar um comentário