Se cadra, o ano 66 fica moi lonxano da nosa memoria senil pero é unha data protagonista na nosa historia. Permitídeme que vos fale de Xoan Piñón, un médico reconvertido a fotógrafo pero músico de cabo a rabo. Seguramente a moito/as xa vos soará por ser un dos integrantes do grupo DOA, pero deixádeme que vos conte algo daquela década do seat 600.
Xoanciño era un rapaz que ficara envelenado de música desque un curmán seu, lutier e monfortino, agasallouno cun laúd. Estudaba no colexio Maristas de A Coruña e correu a se inserir na rondalla que tiñan os irmáns relixiosos. Namentres tocaba as pezas típicas dunha agrupación desas características, el debecía por rematar o ensaio para quedar un tempiño máis cuns rapaces mordidos tamén por esa semicorchea contaxiosa. Aquela que che leva ao rego do diaño e, na vez de dar salves a Deus, te excomulga baixo un "This is my generation". Alí soaban cancións dos Rolling, Beatles... pero Xoanciño aínda non podía acougar. Como berrar á nova xeración dende o seu laúde? Non, non... imposíbel!
Xoanciño só tiña trece anos pero o seu maxín corría máis que o tempo. O seguinte paso... Papá, quero ter unha guitarra eléctrica. Non pedía nada!! Unha guitarra eléctrica nunha cidade de provincias dos anos 60!! Onde atoparía ese trebello que tanto lle quitaba o sono? Os soños son imaxinación, a imaxinación é un xogo e os xogos adoitan ter xoguetes.
Camiñou pola rúa Real e alí, nun deses escaparates, víu unha guitarra Hofner eléctrica. Alzou os seus ollos acristalados de emoción e víu o letreiro de "Xoguetería"... manda truco!! Os soños son imaxinación, a imaxinación é un xogo e moitos deses xogos están nunha xoguetería.
quinta-feira, 10 de abril de 2008
A guitarra de xoguete
Marcadores:
beat,
Coruña,
Galiza,
Generación,
Generación 49,
guitarra,
guitarra eléctrica,
Hofner,
Maristas,
Piñón,
rock,
Xoan Piñón,
xoguete,
xoguetería
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Um comentário:
Pois! mágoa de non conservar a marabillosa Hofner que o meu comprensivo pai mercou na xoguetería Moya de A Coruña (penso que en 1966); a verdade que "a guitarra de xoguete" non fixo moitos bolos ,,, con ela tocaba no grupo "Generación 49" co que grabamos o primeiro disco E.P. de musica galega con instrumentos electrónicos 1968 -2008 !ESTAMOS DE 40 ANIVERSARIO¡ por suposto para a grabación do disco nos estudos da Belter en Barcelona, prestáronme unha Gibson 335 estereo ... uf! ... a Hofner foi desprazada por unha Fender Jaguar de segunda man, guitarra que me acompañaría ata 1975 co grupo compostelán NHU, os sons das LesPaul arrasaban e a timpánia Jaguar parecía non ir, Enfín que a miña nova compañerira foi unha espesa e poderosa Gibson SG Super, guitarra que manteño e que utilizaría con Sopa de Sobre, NHU, DOA, Meteoro ... . Bueno, para a próxima entrega falamos dos "hermanos Maristas" que ten moita tela ¿non?. Xoan Piñón,
Postar um comentário